BALLOTES

Os petróglifos son unha das representacións máis interesantes da arte prehistórico galego. A estación de Vos Ballotes, na parroquia de Bamio, é unha das máis importantes e demostra a antigüidade do asentamento de poboación en Vilagarcía de Arousa. En Vos Ballotes pódense distinguir varias zonas de inscricións. Cervos de perfil cos cornos de fronte, uns quietos, outro en movemento, un cun ollo e boca –algo pouco habitual na arte rupestre, uns gravados con cincel pétreo e outro con punzón metálico… todo indica que Vos Ballotes foi realizado por distintos artistas en distintos momentos.