bandeira galega
“Orixe da Bandeira Galega moderna: A nosa bandeira galega moderna naceu durante o século XIX inspirada na bandeira da Comandancia Naval da Coruña.
Durante este periodo, milleiros de galegos emigraban todos os meses ás Américas para escapar da depresión económica e política na que se encontraba o noso país. O principal porto de saída de emigrantes era o da Coruña.
A tradición conta que os emigrantes asimilaron que a bandeira naval da Coruña que ondeaba no porto e nos paquebotes transatlánticos era de feito a bandeira do país galego. Chegados ao novo continente, os emigrantes americanos comezaron a utilizar a bandeira naval da Coruña como bandeira galega. Anos máis tarde, a bandeira branca e azul cruzou o atlántico de volta e foi adoptada na nosa terra como a bandeira moderna galega.