Cantares Gallegos

«Cantares Gallegos» é unha obra poética de Rosalía de Castro (1837-1885) publicada o 17 de maio de 1863 en Vigo. Nesta data conmemórase na actualidade o Día das Letras Galegas.Nos poemas desenvólvense temas que reflicten a sociedade rural en que Rosalía viviu. Atópanse poemas costumistas, cun forte carácter descritivo, aínda que tamén hai poemas amorosos, sociais e intimistas. Estes cantares significan o renacemento da literatura galega, a autora dignifica a lingua e mostra que é posible escribir literatura en galego.