carballo

O carballo é a árbore máis simbólica de Galicia. Nos bosques de carballos, as carballeiras, os nosos maiores facían as festas populares, con comida, viño, música e bailes. Un carballo destacado en Galicia é o CARBALLO DE SANTA MARGARIDA, onde os comuneiros de Mourente, en Pontevedra, piden medidas para salvalo, ten máis de 500 anos e inspirou os versos do Padre Sarmiento, viñetas de Castelao e que tamén foi ou lugar dos fusilamentos de represaliados polo franquismo.