- A Galicia máis bonita feita a man
A tradición marisqueira de Vilagarcía, Vilaxoán e por excelencia, Carril, vén de lonxe, nela as mulleres sempre tiveron un protagonismo especial. As mariscadoras de “a pé” de Carril, dedican a súa vida a traballar no mar. Un traballo que depende das mareas e non de horarios, que depende da natureza e da extracción artesanal. A famosa ameixa de Carril, é unha magnífica representante da gastronomía de Galicia.