Sálvora

Hai moitas lendas que falan da existencia dunha sirena chamada Mariña na Illa de Sálvora… Do implantada que está a lenda nas Rías Baixas dá fe a escultura da sirena que recibe aos navegantes na illa de Sálvora, que leva a seguinte inscrición: «A sirena de Sálvora tivo amores cun cabaleiro romano naufragado na illa. Naceu un neno que se chamou Mariño…». A escultura data de 1968 e é obra do artista burgalés Ismael Ortega Martín, que a realizou por encargo de Joaquín Otero-Goyanes, marqués de Revilla e descendente dos primeiros propietarios da illa.