sanandresiños

Os sanandresiños son amuletos fabricados manualmente en San Andrés de Teixido e que se venden  no lugar. Trátase dunhas figuras de masa de pan sen fermentar que os propios veciños amasan e dan forma que reproducen distintas figuras vinculadas a San Andrés. Cada unha delas simboliza un ámbito en particular no que quen o posúa quere conseguir o éxito: alimento, amizade, amor, estudos, paz, protección, saúde, traballo e viaxes.