selvatro
Maruja Mallo (Viveiro, Lugo, 5 de xaneiro de 1902-Madrid, 6 de febreiro de 1995) foi unha pintora surrealista española. Está considerada como artista da Xeración do 27 dentro da denominada vangarda interior española.»Los moradores del vacío» ou «Viajeros del éter», o seu último ciclo plástico, é unha homenaxe á quinta dimensión e mostra unha especie de símbolos, naves espaciais ou novas constelacións que ela mesma inventaba e bautizaba con nomes tales como Agol, Geonauta e Selvatro.