- A Galicia máis bonita feita a man
O sireno é unha escultura realizada polo escultor cambadés Francisco Leiro que se atopa na Porta do Sol no centro da cidade de Vigo.A figura antropomorfa do Sireno está realizado en aceiro inoxidable e representa un personaxe imaxinario híbrido entre peixe e home. Non ten brazos, aínda que si pernas e pés, unha gran cabeza cun gran nariz e escamas polo corpo. Aséntase sobre dúas columnas de granito negro pulido de 11 metros de altura.