TOXO
O Toxo na Vida Galega
O toxo é, pero sobre todo foi moi importante na vida dos galegos no rural. O toxo ‘manso’ usábase no chan das cortes, tamén como abono, e os tallos máis verdes triturados como alimento para o gando.
O toxo ‘cachudo’, moito máis grande e que pode chegar a 3m, utilizábase como leña para quentar fornos de pan polo seu alto poder calorífico.
A súa flor chamada Chorima ou Alecrín, forma un manto amarelo característico da paisaxe galega.