Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

a historia detrás de ana Miguéns

MARÍA VON TOUCEDA

CRITICA DE ARTE Y ESCRITORA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

 

Sobre min

As xoias de Ana Miguéns teñen un duplo atractivo. A súa beleza reside non só na modernidade dos seus deseños, nas cores xeitosas e no agarimo co que as presenta, tamén está nesa procura das nosas raíces e na presenza da cultura galega que engalana os nosos corpos.

Con inspiracións en festas como o antroido, en personaxes como ‘As dúas Marías, en tradicións como as de San Andrés de Teixido, na natureza que nos representa, como ese toxo tan fermoso á vez que tan bravo… Trátase dun traballo antropolóxico que se materializa en forma de xoia cool totalmente contemporánea. Ana Miguéns fai da nosa identidade algo que nos enche tanto de orgullo que levaremos en forma de broche preto do corazón, rodeando o noso pescozo, como o colar máis elegante ou en pendentes que realzan os trazos propios das mulleres deste matriarcado chamado Galicia.

O conxunto das súas xoias, ademais de falar da forza coa que vén a nova artesanía, tamén é un discurso de como unha cultura tan arraigada como a galega, chea de fermosura  a calquera muller que as leva.

Ademais dunha xoia tes un anaquiño da terra e das cousas que a fan única e fermosa.

Endexamais se viu que un enfeite tan moderno leve tanta historia detrás e iso é o que o fai eterno.




a galicia máis bonita feita a man