- A Galicia máis bonita feita a man
Con inspiracións en festas como o antroido, en personaxes como ‘As dúas Marías, en tradicións como as de San Andrés de Teixido, na natureza que nos representa, como ese toxo tan fermoso á vez que tan bravo… Trátase dun traballo antropolóxico que se materializa en forma de xoia cool totalmente contemporánea. Ana Miguéns fai da nosa identidade algo que nos enche tanto de orgullo que levaremos en forma de broche preto do corazón, rodeando o noso pescozo, como o colar máis elegante ou en pendentes que realzan os trazos propios das mulleres deste matriarcado chamado Galicia.
O conxunto das súas xoias, ademais de falar da forza coa que vén a nova artesanía, tamén é un discurso de como unha cultura tan arraigada como a galega, chea de fermosura a calquera muller que as leva.